O peche educativo na Costa da Morte

Nais, pais, alumnado, anpas, representantes de CIG-Ensino e profesorado participamos onte no Peche Educativo contra a LOMCE e os recortes en educación.  Estas mobilizacións expansivas están organizadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Unha lei anti – educativa, involucionista, regresiva, agresiva, antidemocrática, recentralizadora,  españolizadora, elitista, clasista, mercantilista e reaccionaria que a comunidade escolar da Costa da Morte, representada pola Federación de ANPAs da comarca, rexeitamos na súa totalidade.

 Despois da concentración – manifestación, realizada no exterior do IES Alfredo Brañas de Carballo, celebramos unha mesa redonda no salón de actos do instituto,  onde toda a comunidade educativa coincidimos en que a LOMCE prexudicará notablemente ao ensino público, impedíndolle á maioría social o acceso aos estudos pos- obrigatorios.

A protesta rematou ás 9  e media da mañá, un pouco antes do comezo das clases. Apoiaron a mobilización, coa súa presenza, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero e os concelleiros Xosé Regueira, Marcos Trigo, Mar Eirís, Miragres Lantes e Xoán Sande. Pero a Plataforma Galega  continúa coas mobilizacións en defensa do Ensino Público.

Podes acceder á galería de fotos clicando aquí. As fotos, cortesía de Alfonso Varela, Suso Bermello e CIG- Ensino.

2 reflexións sobre “O peche educativo na Costa da Morte

  1. Ola, o meu nome é Palmira Castro e actualmente traballo no meu proxeco mimadriña.com. Nestes días estou orgaizando un proxecto creativo de visibilidade e apoio ás reivindicacións de: queremos unha educación Pública en colaboración co Concello de Catrelo de Miño e a ANPA da mesma localidade.

    Gustaríame informarvos da iniciativa e convidarvos a participar, so teríades que enviar unhas barquiñas, ou mellor aínda, se o desexades acudir o domingo 28 a Castrelo de Miño e participar na proposta. A través o blog de mimadriña.com e do facebook daremos conta de todos os participantes!

    Se queredes máis info a tedes aquí:http://mimadrinha.wordpress.com/2013/04/09/1000-barquinas-mimadrina-para-castrelo-de-mino-participa/

  2. Pingback: Novas citas contra a LOMCE en Cee e Vimianzo

Deixar unha resposta