Charla informativa sobre a nova lei de educación (LOMCE) na Laracha

Que consecuencias terá para as nosas fillas e fillos a nova lei de educación (LOMCE)?
En que van consistir as reválidas?
Como se obterá o título da ESO?
Quen vai poder estudar?
Canto nos vai custar?
Cal vai ser a participación de nais e pais nos centros de ensino?

Para responder a estas preguntas e a todas aquelas que queirades realizar sobre a LOMCE asistide á charla informativa que terá lugar o martes 30 de abril na casa da Cultura da Laracha ás 20:30 horas.

Ponente:
María Rei Vilas.
Xefa de estudos no IES Agra de Leborís, licenciada en Bioloxía pola USC, DEA en Didáctica e Organización Escolar pola UDC e membro das ANPAs “Manuel Murguía” e “O Acevo”.

Deixar unha resposta