Charla informativa sobre a nova lei de educación (LOMCE) na Laracha

Que consecuencias terá para as nosas fillas e fillos a nova lei de educación (LOMCE)?
En que van consistir as reválidas?
Como se obterá o título da ESO?
Quen vai poder estudar?
Canto nos vai custar?
Cal vai ser a participación de nais e pais nos centros de ensino? Sigue lendo

9 de maio – folga no ensino. Participa!

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca folga no ensino contra a LOMCE o vindeiro 9 de maio.

Desde a Plataforma Galega en defensa do Ensino Público, da que a nosa federación de ANPAs formamos parte,  vimos realizando un labor de información e mobilización contra a LOMCE entre os que están numerosos actos e accións como xornadas, charlas, debates, resolucións dos claustros e dos consellos escolares, concentracións comarcais e peches rotatorios no mes de abril. Esta folga é, polo tanto, a continuación deste proceso de mobilizacións encamiñado a paralizar este proxecto de lei destrutora do ensino público.

Sigue lendo

O peche educativo na Costa da Morte

Nais, pais, alumnado, anpas, representantes de CIG-Ensino e profesorado participamos onte no Peche Educativo contra a LOMCE e os recortes en educación.  Estas mobilizacións expansivas están organizadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público. Unha lei anti – educativa, involucionista, regresiva, agresiva, antidemocrática, recentralizadora,  españolizadora, elitista, clasista, mercantilista e reaccionaria que a comunidade escolar da Costa da Morte, representada pola Federación de ANPAs da comarca, rexeitamos na súa totalidade. Sigue lendo