Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á diversidade

Informamos que os días 10, 11 e 12 de maio vanse  celebrar as II Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade en Betanzos. Estas xornadas  están organizadas por nais, pais e profesorado e van dirixidas precisamente a docentes e non docentes. Unhas xornadas similares está a organizar FOANPAS de Vigo, a través da súa Comisión NEAE as  “I Xornadas de Inclusión Educativa” de FOANPAS. Sigue lendo

Modificado o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Foi publicada a Orde do 15 de marzo de 2013 que modifica a Orde do 25 de xuño de  2007, pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

Ligazón á Orde da consellaría de Cultura, educación e OU

Carta entregada ao conselleiro de Educación: o posicionamento das federacións de anpas sobre os comedores escolares

A federación de anpas da Costa da Morte, en total coincidencia co posicionamento das federacións de anpas de Compostela e comarca, Vigo (FOANPAS), Ferrolterra, Cangas, Ponteareas e Val Miñor queremos expresar o noso máis profundo desacordo coas novas expresadas na última comparecencia dos responsables de educación da Xunta de Galiza.

 As familias concebimos os comedores escolares como un servizo público, que debe ser prestado pola administración da Xunta de Galiza, dentro do conxunto da actuación educativa. Entendemos que hai que tender á universalización deste servizo en todos os centros desta Comunidade, implantando en todos eles un modelo de xestión igual, de xeito que non existan diferenzas no noso territorio, rematando coa diferenzación desigualadora de comedores xestionados polas administracións públicas ou polas anpas…

Para acceder ao contido completo da carta enviada ao conselleiro, clica na liña inferior.

http://www.fedanpas.org/wp-content/uploads/2013/03/escrito-desacordo-comedores-a-conselleiro-con-rexistro-de-entrada1.pdf

A Consellaría de Educación recorta de novo, agora nos gastos de funcionamento dos centros de ensino

Como se dun xornal de noticias fúnebres se tratase, a Xunta de Galiza, a través da consellaría de Educación, anuncia un novo recorte no ensino público. Sigue lendo

Asemblea Xeral Extraordinaria 21 de marzo de 2.013

lugar: Pazo da Cultura de Carballo.

día: xoves, 21 de marzo.

hora: 19:30h 

 

Queda convocada a Asemblea da  Federación de Anpas da Costa da Morte coa seguinte orde do día:  Sigue lendo