Convocatoria de asemblea da Xunta Directiva da federación de ANPAs da Costa da Morte

LUGAR:  aula 4 do segundo andar – PAZO DA CULTURA DE CARBALLO

DIA: 28 de Febreiro (Xoves)

HORA: 19:30h 

Queda convocada  a Asemblea da Xunta Directiva da Federación de Anpas da Costa da Morte coa seguinte orde do día: 

1. Debate e aprobación, se procede,  da inclusión nas plataformas social e de ensino.

2. Xornadas de Formación.

3. Seguro de Responsabilidade Civil. 

4. Contacto coas asociacións de estudantes.

5. Informacións varias (actualidade das anpas, accións reivindicativas, entrevistas…). 

6. Os restrictivos orzamentos da Xunta no Ensino.

7. Varios.

 

Rematamos co proceso de constitución da federación d e ANPAs da Costa da Morte

O 22 de febreiro rematamos o proceso administrativo de constitución da federación de anpas da Costa da Morte. Nel aportamos moitos esforzos, co obxectivo ben definido de defensa colectiva do ensino público no noso ámbito de actuación. Dese xeito, e atendendo ás leis vixentes, a Xunta Directiva xestionará a federación de ANPAs.

A XD, como órgano de goberno,  reunirase cada mes do curso escolar. A convocatoria da mesma contemplará tamén ao conxunto das ANPAs adheridas á federación. Estará validamente constituída cando asista a metade máis un dos seus membros en primeira convocatoria e no prazo de media hora, calquera que sexa o número de asistentes.

As persoas que compoñen a Xunta Directiva son as seguintes:

María Isolina Loureiro Tasende (vogal).

Juan Antonio Villar López (vogal).

José  Bustelo Tarrío (tesoureiro).

Fernando Gesto Montes (secretario).

Mª Consuelo Fraga Bértoa (vicepresidenta).

Xosé Antón de la Fuente Subiela (presidente).

Carta da federación de anpas da Costa da Morte ao conselleiro de Educación e ao presidente da Xunta de Galiza.

As tesoiras do PP contra o ensino galegoHoxe presentamos no rexistro xeral da Xunta unha carta ao conselleiro de Educación da Xunta de Galiza, anteriormente enviamos un correo electrónico ao presidente co mesmo texto:

 

Señor conselleiro de Educación e OU:

Poñémonos en comunicación con vostede para amosarlle a nosa gran preocupación polos orzamentos restritivos en Educación que o Partido Popular  vai aprobar no Parlamento Galego e que, con outras medidas políticas que leva  a cabo o  goberno que vostede representa,  condenan ás nosas fillas e fillos, ao alumnado galego, a unha educación  de baixa calidade.

Por se non lles  chegase a redución realizada en anos anteriores, agora vostedes  volven  diminuír  os orzamentos para Educación, esta vez  en 150 millóns, pois pasan dos 2.256 millóns no ano pasado (2012)  a 2.106 millóns para o ano 2013. Unha tallada considerábel que representa o  6.6% do total  da partida orzamentaria. Sigue lendo

Enquisa sobre a LOMCE

Cando rematamos a exposición e debate sobre a LOMCE na anterior xornada de enquisaformación, na Federación de ANPAs da Costa da Morte adquirimos a certeza de que esta lei é  un verdadeiro misil de destrución masiva lanzado contra o ensino público.

Nos temos esa certeza, pero ti que pensas? Queres participar na enquisa sobre a LOMCE? Na columna da esquerda desta páxina tes a nosa primeira enquisa que imos realizar. Sigue lendo

Resolución sobre a implantación de títulos universitarios e cambios na súa denominación

O Consello Galego de Universidades, emitiu informe favorable sobre a solicitude de implantación de determinados títulos universitarios oficiais de máster e doutoramento e sobre o cambio na denominación de determinados títulos oficiais de máster, xa autorizados, para adaptalos ás resolucións de verificación do Consello de Universidades e ao informe final da ACSUG. Clica para acceder á páxina