A descapitalización cultural da LOMCE

Na última etapa da dictadura franquista, no ano 1970, xa se eliminaron as reválidas segregadoras que condenaba ao alumnado  dos sectores socialmente menos favorecidos ao abandono escolar prematuro. No propio video, desas datas, consideraban  antipedagóxico o sistema das reválidas. Non o perdades, dura menos de 5 minutos.

Unha situación á que podemos volver  se non conseguimos  que se retire ese anteproxecto: coas reválidas, de 100 alumnos matriculados en primaria, chegaban  27 ao ensino medio e  3 á universidade. Iso produciu una descapitalización cultural tan grande  que até algún dirixente político do propio rexime tomou conciencia da situación, comezando a tomar medidas para buscar unha solución. A día e hoxe,  aínda a sociedade sofre as consecuencias desa descapitalización…

Decálogo das ANPAs da Costa da Morte contra a LOMCE

Porque esiximos a retirada do anteproxecto da LOMCE?

Imaxe contra a LOMCE

  • Porque carece de xustificación. Non se fundamenta nunha análise minimamente seria do sistema educativo, dos seus problemas e posibles solucións.  Está feita de costas a toda a comunidade educativa, sen tomar en consideración ao profesorado,  nin ao alumnado nin ás familias. Sigue lendo

Porque esiximos a retirada do anteproxecto da LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público estase a mobilizar contra o Cartaz concentración Carballo - copiaanteproxecto  de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, para amosar o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática,  e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores  sociais máis desfavorecidos  da sociedade.

Trátase dunha lei que pretende trasladar ao ensino público un modelo neoliberal, que afonda nas diferenzas sociais, no canto de contribuír a que todas e todos teñamos acceso en igualdade de condicións a unha educación pública de calidade. Sigue lendo

O 31 de xaneiro mobilízate contra a LOMCE

As ANPAs da Costa da Morte concentrarémonos na Praza do Concello de Carballo (capital de Bergantiños) ás 19: 30 h. Representantes da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciaron en rolda de prensa mobilizacións en contra da aprobación da retrógrada Lei de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE). A Plataforma fai un chamamento ás nais e pais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto para que participen nas concentracións convocadas de xeito simultáneo para o 31 de Xaneiro nas  ciudades  como xeito de rexeitar  os plans do goberno galego que elimina o dereito ao ensino público  e de calidade do alumnado, reducen emprego e favorecen ao sector privado, en concreto á patronal da Igrexa.

Porque estamos en contra da LOMCE?

O 31 de xaneiro mobilízate conta a LOMCE

A xornada de formación de ANPAs da Costa da Morte en imaxes

Nunha xornada ben intensa, que comezou ás 17:00 horas da tarde e rematou ás 21:00 da noite do sábado 26 de xaneiro, Loli Fernández Vázquez, Pepe Bustelo Tarrío e   Jesús M. Domínguez Fernández falaron sobre a xestión de anpas, nos distintos apartados nos que estaba dividida a primeira parte da I xornada de formación.OLYMPUS DIGITAL CAMERA Sigue lendo