A LOMCE unha lei inxusta e inxustificada para as ANPAs da Costa da Morte

Aparece publicada na edición de Bergantiños da Voz de Galicia.
Anteriormente saiu publicada no Diario de Bergantiños (Ideal Gallego).

O xornal dixital da Costa da Morte Que Pasa na Costa tamén o publicou

Fedanpas publicado o comunicado da lomce - copia

Convocatoria de asemblea de ANPAs da Costa da Morte para o 3 de xaneiro

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOrde do día:

–          Debate e aprobación, se procede, da realización dunha posíbel  Xornada de Formación de ANPAs (contidos, recursos, metodoloxía e temporalización).

–          Debate sobre a gratuidade dos libros de texto.

–          Foto oficial das ANPAs da Costa da Morte.

–          Varios.

–          Presentación de iniciativas e preguntas

Un decreto que filtra ao alumnado

Un novo e perturbador decreto da Xunta de Galicia regula os criterios e o Agarda que filtroprocedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se  imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de edu­cación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Con este novo decreto de regulación da admisión do alumnado estruturado en catro capítulos, cun total de 19 artigos, as direccións dos centros concertados xa poderán filtrar “democráticamente” – máis aínda- o seu alumnado. Segregación legalizada?

Ligazón ao decreto clica aquí

O sistema educativo na LOMCE

Achegamos o cartaz dunha interesante xornada que a asociación Socio – Pedagóxica Imaxe LOMCEgalega (AS-PG)  e CIG-ENSINO organizan para o sábado 12 de xaneiro, en Santiago de Compostela (IES As Fontiñas). Conta cun número considerábel de ponentes, entre os que se atopa Elvira lombao (presidenta de FAPACEL, a maior federación provincial de anpas de Galicia), Anxo Louzao, Jurjo Torres, Daniel Candal Castro, Xesús Fortes Gómez, Mariló Candedo ou Xoán Costas. A matrícula é gratuíta e pódeste inscribir a través da páxina web  de cig-ensino.

ligazón ao Cartaz Xornada LOMCE

Desexámosvos unha feliz Noiteboa, Bo Nadal e mellor Aninovo!

Dentro de nada comezará un 2.013 no que, como no ano que está a rematar, haberáBo Nadal que seguir loitando contra todas esas medidas da Xunta e goberno estatal que dificultan o acceso á educación das clases sociais máis desfavorecidas, que van contra a calidade do ensino e producen un maior fracaso escolar.

A sociedade galega non se pode permitir que o ensino público, medio onde se forman as nosas fillas e fillos, que son as xeracións do futuro, sexa continuamente atacado por quen debería defendelo. Co pretexto da crise, golpéase de maneira grave o ensino público, pondo en cuestión o dereito á educación das clases populares. Por iso, agardamos que o apalpador, que sempre chega no nadal, axude a que os actuais gobernantes da Xunta e estado rectifiquen e rematen cos inxustos e inxustificados recortes sociais que están a aplicar.