Eleccións aos consellos escolares na Costa da Morte

A participación nas eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa ao Consello Escolar  nos centros de ensino da Costa da Morte foi desigual. Nalgúns centros, a afluencia de nais e pais foi considerábel e noutros foi menor, en parte derivada da climatoloxía adversa.

Comentan desde a comunidade educativa que en determinados centros de ensino unha participación masiva do alumnado, despois de bastante tempo sin representantes, para votar ás suas candidatas e candidatos, algo moi interesante para a dinamización da comunidade educativa. Sigue lendo

Outra sentenza xudicial contra a política lingüística do PP no ensino

O Tribunal superior de xustiza de Galiza estima en parte o recurso presentado pola Real Academia Galega contra o decreto do plurilingüismo e resolve que a consulta vinculante ás familias e a potestade do alumnado para se expresar nas aulas na lingua da súa preferencia son disposicións ”contrarias a dereito”. A sentenza é semellante á que emitiu a pasada semana tras as denuncias da Mesa, Queremos Galego e CIG-Ensino.

Unha charlas sobre a LOMCE moi ben organizadas

Unha das  federación de anpas máis activa, Anpas Compostela -integrada na Alianza Social Galega- e o Movemento compostelán en defensa do ensino público galego realizan unha serie de charlas informativas sobre a  LOMCE, tamén coñecida como lei Wert.

Esta federación, tan só no mes de novembro,  realiza 7 charlas que se desenvolverán en varios centros  de ensino do concello e arredores.

Marcan como obxectivo que a comunidade educativa (da que forman parte as familias, PAS  e docentes) teña a oportunidade de informarse e expresar as súas  opinións sobre este cambio radical na concepción e desenvolvemento do sistema educativo.

Débense abrir novos camiños para o galego, nomeadamente no ensino.

Artigo de Alba Nogeira, de Anpas Compostela, sobre as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia declarando ilegais os preceptos centrais do Decreto de plurilingüismo de 2010 e desestimando paralelamente as pretensións de Galicia Bilingüe. Considera Alba que deben servir para abrir novos camiños de recuperación de espazos para o galego, nomeadamente no ensino.

O primeiro paso da federación de anpas de centros públicos da Costa da Morte na prensa

O primeiro paso adiante que demos varias das directivas de anpas das comarcas de Bergantiños, Soneira e Fisterra para constituírnos en federación de anpas de centros públicos da Costa da Morte na prensa local: