Por outra política educativa. A LOMCE vista desde Sevilla (6º análise).

Un grupo de profesionais da educación, a maioría profesoras e profesores de universidade, reunidos en Sevilla os días 26 e 27 de outubro de 2012, preocupados pola situación do sistema educativo e alarmados pola evolución da política educativa, con obxecto de animar o debate e de xerar un compromiso coa mellora declaran:

LOMCE Univ. Sevilla

O Ministerio silencia aos que discrepan coa LOMCE (lei Wert)

O Goberno impediu o debate dun dos informes alternativos ao presentado pola Permanente do Consello Escolar sobre a LOMCE, a chamada Lei de mellora da calidade educativa. Diante desta situación, todas as organizacións sindicais, estudantís, de nais e pais e integrantes da Federación de municipios e provincias –ao redor do 40% do Consello escolar– se ergueron da mesa e abandonaron a reunión.

Para máis información clica aquí

O CEIP Labarta Pose de Zas é un dos centros nos que se implantarán plans de formación do profesorado

O CEIP Labarta Pose de Zas é un dos centro que sae publicado na resolución do 15 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se resolve a do 22 de maio de 2012 que convocou a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2012-2013.

Ligazón á informacin publicada

Para acceder á resolución clica en 20121023_resolucion_plans_formacion_permanente

Inquietante informe previo do anteproxecto da LOMCE emitido polo Consello escolar do Estado

Achegamos informe previo do anteproxecto da LOMCE emitido polo Consello escolar do Estado (INFORME da PONENCIA Consello de Estado-LOMCE) A introdución ao citado informe previo do anteproxecto da LOMCE emitido por este órgano non pode ser máis inquietante. Imos vendo algunhas das súas “propostas de mellora”.

Aquí vai a primeira: Sigue lendo

Que volve o Samaín!!!

En moitos centros de ensino público de todo o País e tamén na Costa da Morte, recuperaron e van celebrar o SAMAÍN como parte de nosa cultura milenaria. Sigue lendo