Resumo I etapa do Camiño dos Faros SenLímites (Malpica – Santo Hadrián)

Arrincamos  do porto de Malpica cunha magnífica climatoloxía que nos acompañou toda a xornada, permitíndonos gozar dunhas  vistas marabillosas.

Volvendo de Santo Hadrián, fixemos fotos, tomamos un descanso e atendemos á charla de Xurxo Alfeirán.

Pola noite, despois de falar da seguinte etapa SenLímites do 25 de marzo, concerto coa TraskiBand….E a durmir… Seguir lendo

Presentamos as xornadas Vivimos na Diversidade

Presentamos aos medios de comunicación as xornadas “Vivimos na Diversidade”.

Explicamos que o obxectivo primordial é xerar un tempo, na diversidade que vivimos, para aprendermos xuntos, profesorado, nais e pais. Porque a todas e todos nos move un único interese: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.

 

Aproveitaremos ademais as xornadas para poñer en valor e difundir boas prácticas educativas, que a todas e todos nos poden servir de modelo.
O alumnado, as nosas fillas e fillos teñen un mundo diverso por descubrir pero nós, as familias e docentes… temos moito que aprender e transmitir. Por iso estareremos todas e todos, para VIVIR NA DIVERSIDADE, amosándoa e aprendendo dela.

Actividades do 8 ao 11 de marzo 2017


 

 

 

 

 

 

 

– 8 DE MARZO

    Lugar: aula de conferencias do Pazo de Cultura de Cee.

Hora: 20: 00 h.

Reunión coas ANPAs de zona en Cee para tratar as xornadas Vivimos na Diversidade cos seguintes puntos da orde do día:

– necesidade de inscribirse más xornadas.

– a necesaria participación das ANPAs de zona e das familias.

– cuantificación de gastos.

– corresponsabilidade organizativa.

– tarefas pendentes.  Seguir lendo